viernes, 23 de julio de 2010

O poder da cona... digo... da cuña!




Pois semella que por fin rematou o semestre, e con el, o ano académico. Ai!, mais o traballo continúa. Veña textos enrebechados, veña artigos e PowerPoints. E as vacacións? A ver se a finais de agosto...

Dígolles que aprobei o meu exame de alemán con boa nota (demasiado boa, tendo en conta o mal que falo), que cheguei ó día de hoxe cun cansancio non só físico senón tamén metafísico, que ultimamente non sei que me pasa que semella que teño o ollo afiadísimo para isto do cuneiforme, que onte choveu, e hoxe, tamén.

Pero tamén lles digo outra cousiña: o sábado marcho a Barcelona 8 días para participar no congreso anual de Asirioloxía. Congreso de Asirioloxía, miñas damas, meus señores!!! Vamos, que moi mal ten que ir a cousa para que non lles presente aquí un informe detallado do evento!!! E vostedes, se seguiron con atención este blog, xa tiveron a ocasión de albiscar os caracteres sen par deses seres de ultratumba que son @s asiriólog@s. Emoción, intriga, dor de barriga!!! Á volta dareilles un curso intensivo para que aprendan a recoñecel@s (o curso será online e totalmente gratuito, aínda que se admitirán doazóns, lembren que eu tamén son unha deles!).

E non se esquezan de pasalo ben.

3 comentarios:

Pato dijo...

Dices bien: el poder del coño. Aunque no sé qué poder es ese... Quizás el de poder hacer el espagar (no sé cómo se escribe)sin miedo.:D
Parrula, pásalo muy bien y dalo todo. Pensar que estarás en España y, aún así, tan lejos...

Llosef dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Llosef dijo...

Madre, no hay manera de corregir una falta si no es borrando el comentario entero...

Bueno, lo que yo quería decir era, claro está, que...

¡Más aventuras de la Secta Perdida de los Asiriólogos del Infierno! Esperamos ávidos. Lovecraft temblaría...