jueves, 20 de agosto de 2009

Willkommen und Abschied




Hoxe rematei oficialmente o curso intensivo de alemán. Mañá collo un avión a Roma. O domingo, a Newcastle. Torno a Roma o 26. O 6 de setembro, Barcelona. O 8, a defensa da tese. Se a realidade se cinxise ós plans, o 10 collería as miñas primeiras vacacións auténticas en moitos anos.

Levo meses sen estar para ninguén. Tomás seguramente vaga xa nas tripas da súa aventura de lume e xeo. Pato, de volta a Cangas e preparando o seu ano Erasmus en Liverpool. Marta e Luca casaron e tiveron un meniño case na mesma semana. Cousas, Mike, Bego, Barbara, Mauro, Jordi, Ana ... amig@s e compañeir@s de viaxe que levades cada un o voso rumbo, espero atoparvos en porto favorable sen demasiada demora.