sábado, 3 de octubre de 2009

Deutscher Alptraum



Gracias, moitas gracias a tod@s polas felicitacións, non sei se ese título cum laude me servirá para sentirme menos incapaz e impreparada nos meses (e quizais anos) por vir, pero, que carallo!, alo menos tentarei regocixarme no resultado ata que me caia enriba un novísimo desasosego implacablemente realista.

Hai dúas horas que cheguei a Heidelberg, ceo claro e aire fresco. Hoxe é festivo e o pobo está case valdeiro de tráfico e xente. Daría gusto que tódo-los días fosen así.

A miña bici está sana e salva. Non se inundou o baño nin explotou a nevera nin quedou defunto o meu vello ordeador na miña ausencia. Isto é bo.

O luns torno ó departamento. Isto xa me fai sentir un pouco hum e bastante argh, pero teño tanto traballo atrasado do que facerme cargo, que non creo que a parvoeira me dure moito.

En breve, novas novas pra vostedes.

2 comentarios:

Pato dijo...

Tened vos ánimo por mí, Princesa. Todo igual en Alemania... en realidad siempre es todo igual.
Hmmm.

Anónimo dijo...

NORABOA Princesa. Faltaba eu polas felicitacións pero é que a Bueu chegan tarde as novas. Axeónllome diante túa e prégoche que perdoes a miña tardanza. Moitos bicos doutora.