martes, 13 de octubre de 2009

Chica con problemas busca lugar discreto donde cortarse las venas



É puro cinismo, pero que queredes, hoxe preciso un pouco de obscenidade aínda que só sexa a través dunha ristra de palabras mal cosidas. Que frío fai en Heidelberg. Que outono escuro no que o sol aparece e desaparece entre a néboa e as chuvieiras. Que soidade impar (se fose par, xa non sería soidade).

Estando así, comigo mesma, sempre consciente de habita-lo meu corpo, acabo por sentirme fóra de lugar ... dentro de min significa ausentarme e querer facerme pequena e de peto. Pensade que case non falo durante o día, acabo por esquecer como soa a miña voz, e cando falo con Lo cústame tempo lembrar de novo como se constrúen as palabras, como se enfían as frases unhas con outras para ofrecer simplemente un sentido, un "estado de plena consciencia".

E cando falo, non son eu, senón unha sombra de min que me oculta, porque este é o poder do exilio do corazón.

E a cereixa do desánimo é esta: teño que mudar de piso, para fortuna da miña némesis Inseguridade Crónica, que se entretén facéndome contestar en alemán ós anuncios de aluguer, sabendo que na fala perdo os papeis e, máis que articular, grallo coma un corvo posuído.

Animádeme cun pouco de retranca, convertide en arte as miñas desgracias descafeinadas, que vós sabedes como transformar a chicoria en ouro.

5 comentarios:

el amigo de ted dijo...

Con tu permiso te afano el fantástico título del post, que estoy pensando en escribir mi biografía, eso sí cambiaré lo de "Chica" por "Tío bueno".

Besos.

Qcousas dijo...

Ai, meu Deus... non me fales de pisos... vou animarte... o teu fogar vai contigo (e nós tamén!)...

...e falar con unha mesma non está nada mal... que mellor compañía hai?

A princesa no xardín dijo...

Manu-Amigo de Ted: permiso concedido ;P El título es lo único aprovechable de este post (junto con vuestros comentarios, por supuesto).

Cousas, moitas gracias polos ánimos!! Mañá vou a Mannheim (está a 20 kms e ten bastante máis vidilla que Heidelberg) a ver un miniapartamento que pinta ben.

Que queredes que vos diga? Prefiro falar con vós que comigo mesma: xa me teño demasiado oída!!

:***

Pato dijo...

¿Por qué siempre llego tarde?... Si te cortas una vena, que sea la pesimista. No te cortes la dramática (que es otra, y bien ditinta), pues esa ayuda a escribir blogs. Me refiero a la vena insegura y coñona, la vena esa del miedo. Hagamos paté con ella. Yo me la corto contigo, parrula... pero no encuentro cuchillo que pueda.

Anónimo dijo...

Non curtes as veas, déixaas longas (este inverno lévanse así).No tocantes ó de falar con un mesmo, que che vou dicir! eu falo e incluso discuto comigo , o outro día case chegamos ás mans. E o millor de todo, despois de discutir con un mesmo é a reconciliación,coa irmá da esquerda, por suposto.
Bicos mollados de poalla galega.