jueves, 20 de agosto de 2009

Willkommen und Abschied




Hoxe rematei oficialmente o curso intensivo de alemán. Mañá collo un avión a Roma. O domingo, a Newcastle. Torno a Roma o 26. O 6 de setembro, Barcelona. O 8, a defensa da tese. Se a realidade se cinxise ós plans, o 10 collería as miñas primeiras vacacións auténticas en moitos anos.

Levo meses sen estar para ninguén. Tomás seguramente vaga xa nas tripas da súa aventura de lume e xeo. Pato, de volta a Cangas e preparando o seu ano Erasmus en Liverpool. Marta e Luca casaron e tiveron un meniño case na mesma semana. Cousas, Mike, Bego, Barbara, Mauro, Jordi, Ana ... amig@s e compañeir@s de viaxe que levades cada un o voso rumbo, espero atoparvos en porto favorable sen demasiada demora.

4 comentarios:

Thomas dijo...

Hola, Princesa.

No... de momento vago (de vaguear) en las tripas de mi piso... y con insomnio. Dentro de 9 días estaré allí. Si todo va bien, habré vuelto justo a tiempo para desearte suerte antes del día D.

Mientras tanto, me alegro de que hayas acabado con ese curso y (al menos durante un tiempo) con Heidelberg. Ojalá no sean muy duros esos viajes en avión (¿Newcastle?) y ¡ánimo! que la victoria está cerca.

Pato dijo...

Madre mía, y yo quejándome de la maldita burocracia!! Al menos lo hago casi todo desde casa!!
Busy bee.
Teño morriña de Iquiña!! :(

Qcousas dijo...

Claro guapa! Aquí estaremos...

A princesa no xardín dijo...

Gracias a tod@s!! Sigo estando sen estar, e en Roma vai unha calor de mil e un diaños :(

Thomas: a Newcastle vou por motivos "profesionais", presento unha poñencia nun congreso sobre historia da mediciña.
Desfruta dos días de cotidianidade predicible que tes agora, en Islandia non poderás pararte nin para coller folgos.

Parrula: a burocracia é simplemente asquerosa, e por desgracia, imprescindible (obra da Secta dos Malditos Administrativos sen Compaixón), ti non solte-la corda. Tamén eu sinto morriña, e cansancio, e morriña, e cansancio ...

Cousas: sigue co paso firme, cun pé na praia e co outro nas beiras da loita. A ver cando podemos quedar tod@s para comermos un bocata de tortilla do Carballo, mmmmm!!

:***