sábado, 11 de julio de 2009

VELOCI(PEDE)RAPTOR




Se nestes momentos fose...

un animal: sería esa mosca na parede, quieta, pronta a recibir un bo papirotazo co xornal do domingo pasado. E tende por seguro que non me movería nin un milímetro para esquiva-lo golpe.

Porque estou cansa, desfeita, sen azos nin forzas. Cortocircuitada e fundida. Electrodisaster. O peso de todos estes meses en Alemaña, de todos estes anos bregando con burócratas e profesores ausentes e a tese e as inseguridades propias dunha morriñosiña de aldea deixáronme así, incapaz de reaccionar con vivacidade. Non me teñades en conta que non vos escriba con asiduidade, que tarde en responder ós vosos e-mails, que non vos deixe comentarios (e tede por seguro que leo cada unha das entradas que publicades), que estea sen estar.

Onte, ademais, rematou o semestre. "School's out for summer", que diría o venerable anciano Alice Cooper. Os estudiantes regresarán ós seus respectivos fogares, e Heidelberg quedará casi deserta. Excepto polos turistas. E os matriculados nos varios cursos de alemán planificados pola universidade e as escolas populares. E quizáis polos lugareños. Tamén eu farei un deses cursos intensivos da nobre lingua bárbara. Amén.

Mentres, continúan os problemas burocráticos, dos que aforro as explicacións para evitar poñer por escrito unha chea de insultos e tirar fóra do cadaleito trapos suxos do ambiente universitario. Cousa fatigosa, abofé que si. Oxalá a xente se ocupase das súas propias obrigas, salvargando a saúde deses narices que fozan e furgan nos asuntos alleos. Non vos podedes imaxinar a mala hostia que me entrou onte por este asunto-secreto-non-autorizado-a-ser-publicado-no-xardín-etc.

Máis desvarío: uninme á secta de "biciclistas" que percorren os vieiros de Heidelberg, despois de 16 anos sen sentarme nun sillín. As miñas pernas semellan o mapamundi dun mar branco-leite sementado de illas violetas, verdosas e bilirrubínicas. Non é que caia da bici, mozos e mozas, o meu é un problema de espacio, de harmonía coa forma da bicicleta, un esquecemento continuo de que aquí hai un pedal e alá unha parte do manillar, así coma unha certa dificultade para frear con garbo e bota-lo pé a terra coma quen interpretase o Lago dos Cisnes. Hoxe póñome a proba outra vez: saída nocturna ó pobo do lado (uns 5 kms) en velocípedo.

Que non me pase nada (malo, enténdese).

E a vós, biquiños e bo verán.

6 comentarios:

Llosef dijo...

Se agradece vuestro retorno. Y se entiende la extrañeza ante una bicicleta. ¿16 años? Quizás sean más los que hace que yo no monto en una.

Saludos y ánimos en vuestra lucha burocrática.

Qcousas dijo...

Si que se te botaba de menos... e aínda que digan que o da bici non se esquece nunca, penso que a coordinación e soltura son directamente proporcionais aos anos pasados sen facer o máis mínimo deporte.
Eu retomei a miña afición aos patíns e, a pesar de ter sido unha promesa deste nobre arte, semella que nunca tiven uns nos pés. Coma ti dis, moratóns, marcas e demais van gañando terreo na pel morena das miñas pernas... pero xa sabes, eu tampouco me rindo.
Fíxome gracia ler o a bici porque te visualizo perfectamente... ou será que á que visualizo é a min mesma sobre os patíns?
Ánimo!!!... dominarás esas rodas...

Pato dijo...

¿Y lo de nadar qué? Ains, que ya me veo corriendo detrás de tí ahora que ya vas sobre dos ruedas. Oye, sácate una foto, porfa, que yo no te visualizo tan bien como Cousas y me encantaría ver qué tal te quedan el manillar y las cadenas :)
Y siéntete todo lo aplatanada que gustes. Que para eso está el verano.

Thomas dijo...

Pues no me extrañaría que esas salidas en bici te ayuden a superar el cortocircuito. Variar la rutina siempre sale a cuenta, incluso aunque la iniciativa no funcione siempre te queda la satisfacción de haber peleado. Lo verdaderamente horrible es cuando no te quedan fuerzas para levantarte e intentar nada.

Así que suerte con ello y ojalá los aborígenes te vean hacer caballitos y frenar con toda la chulería del mundo en unas semanas.

Por cierto, al leer lo del venerable anciano se me ha aparecido la imagen mental de Alice Cooper sentado frente al portal de su casa del pueblo, cachaba en mano y con una gorra en lugar de chistera. Igualico que Marcial Ruiz Escribano.

A princesa no xardín dijo...

Gracias a tod@s pola vosa visita ó Xardín! Teño que dicirvos que a saída sobre rodas do sábado foi ben, aínda que a estrada non era nada invitante (partes nas que a pista para bicis se cortaba, buracos, obras por todas partes, flipados chunda-chunda co pé cravado no acelerador, etc). E a miña bici só ten un freo hábil, de momento.

Llosef, creo ter unha idea da personalidade oculta detrás dese nome, pero unha pista será máis que benvida.

Cousiñas, non sabía eu que tiñas un pasado de deportista de elite!!! Mimá, sodes unha caixa de sorpresas!! Eu nunca puxen uns patíns na miña vida, a miña nai sostiña que me tería roto unha perna como mínimo só co tentativo.

Parrula, xa procurarei que Lo me tire unha foto en plan amazona XD Xa verás, a miña bici é dunha cor indefinida entre malva e rosa, moi feminina, jojojo! E non, non me esquezo de que o seguinte será aprender a nadar. Pensa que, estando aínda en Roma, merquei un deses bañadores extrasobrios que esixen nas piscinas, coa firme idea de apuntarme a clases de natación.

Ai, Thomas, o de facer "caballitos" non sucederá endexamáis, son demasiado medosa e demasiado vella, pero o de gañar chulería non o descarto! Alice Cooper como Marcial... XDDDDDDDD Alguén debería atreverse a rodar un sketch así!!!

Llosef dijo...

Un admirador desde

http://decimavictima.blogspot.com/

¡¡Saludos!!