domingo, 19 de julio de 2009

TEN THINGS TO DO IN LONDON



O venres pasado tarde na noite escura e húmida regresamos a Heidelberg despois dunha breve escapada a Lon-Don. A vella metrópole coñecida e a miña sexta visita á cidade, problemas coa moa do xuizo e ibuprofeno: a most unpleasant circumstance. Sen contar que milleiros de turistas tiveron a mesma idea ca nós (ás veces Lo e eu botamos man dunha inxenuidade fóra de todo límite), e Oxford Street, Covent Garden e compagnia bella fervían de xente.

Aínda así resultou unha viaxe de proveito. E por iso vos resumo a miña particular series of (not so) unfortunate events en dez prácticos puntos. Que se pode facer en Londres? Algunhas ideas... e gratis!!!

1) Tentar arranxar as perdas de auga nunha ducha situada nun espléndido edificio victoriano. Janet, a nosa auténtica e incomparable lady inglesa que nos invitou a quedar na súa casa, recibiunos na porta ás 11 da noite coa roupa mollada e un sorriso de orella a orella. Houbo que esperar á mañá seguinte para que un fontaneiro se atrevese a rematar á ducha agonizante, pero alo menos ás arteiras técnicas de supervivencia de Lo fixeron posible mitigar a intensidade do cauce de auga durante a noite.

2) Atravesar Hyde Park a escuras despois dunha boa chuviada e padecendo miopía.

3) Vagabundear por Camdem para descubrir: a) que a roupa, zapatos e complementos que venden nos postos e tendas (pretendidamente) ultramodernas son a mesma roupa, zapatos e complementos que levo vistos nos últimos anos: as mesmas saias góticas feitas de farrapos de tul, as mesmas botas con plataforma de altura espacial, os idénticos vestidos anos 50 con estrelas, cereixas e caveiras; b) que pecharon Bargain books, paraíso de libros en stock dispoñibles por 1 e 2 esterlinas.

4) Tomarse un espresso ou un capuccino na Algerian Coffee Store (52 Old Compton Street), un bo café a un prezo máis que asequible.

5) Comprar por dúas esterlinas, nunha das múltiples Oxfam Books da cidade, a edición científica de Beowulf feita por Klaeber.


6) Visitar a Wellcome Collection, e furgar nos problemas psicolóxicos a través de "Bobby Baker's Diary Drawings"




7) Sentarse a comer un panino sentada nun banco de Soho Square, e ver pasa-la xente (neomods, executivos, modernos, alternativos, borrachos, perdidos, turistas...)

8) Facerse coa Clint Eastwood Collection (A fistful of dollars; For a few dollars more; The Good, the Bad and the Ugly; Hang'em High, tres de catro por Sergio Leone!!) a precio rebaixado.

9) Cear en Patogh (8 Crawford Place), estreito e auténtico restaurante de comida iraní, despois dunha boa camiñata baixo a chuvia. Un enorme pan de sésamo estilo nan con encurtidos, verduras, polo e menta fresca enriba.

http://www.timeout.com/london/restaurants/reviews/1248.html

10) Visitar a Wallace Collection, un museo fundado a partir da colección privada da familia Wallace, e que recolle dende mobles Luis XVI a armas brancas orientais, pinturas de autores como Fragonard (empalagosamente rococó) e Canaletto e porcelanas inglesas de "exquisito" (ehem) gusto. Os espacios son amplos, barroquísimos, con paredes tapizadas de damascados impecables, todo dourado e cristal.

3 comentarios:

Qcousas dijo...

Carai! A pesar do ton irónico de parte da túa entrada, seguro (segurísimo) que o pasáchedes en grande... non o dubido!!!

Pato dijo...

Pues no habréis tenido ni un ratito pa ir a ver el cuadro de Mr. T en la RA... !!
Te echo de menos, princi :(

Louise dijo...

Pues a mi lo de la Wallace me ha sonado muy bien, cuando planee escapada ya te daré la murga para que me des direcciones