martes, 28 de julio de 2009

ANATOMÍA DE PATO




Ou 10 pistas para recoñecer (NUNCA para coñecer) a Pato que, como todo ser marabilloso que se precie, encandila e espanta co primeiro quack!

1) Tolea polas listas, que leva anos construindo, ampliando, modificando e subdividindo coma o mellor dos arquitectos. Por iso este blog hoxe toma a forma dunha, pequerrecha e infame.

2) Cando pronuncia nomes de escritores, directores e artistas en xeral de orixe extranxeira, espacia as sílabas coma se escanciase un néctar precioso, sen darramar un só fonema.

3) A súa voz é doce, eterna nena, e non revela nunca os monstros que se agochan debaixo da lingua.

4) Coida os títulos dos seus relatos e os nomes dos seus personaxes ata o milímetro

5) Unha tatuaxe cun cabaliño de mar sobre a columna vertebral, entre os dous omoplatos, espreitándolle o corazón.

6) Di que o laranxa é a súa cor favorita porque non lle gusta a ninguén.

7) É un continuum de contrastes, o branco e o negro, a ferida e o bálsamo, a tortura e o paraíso.

8) Se fose unha categoría gramatical, sen duda encarnaría ós verbos irregulares.

9) Cando penso en Pato visualizo: guisantes, aves en xeral, unha pitón albina, botas de esquiar de peluche, acantilados, a ría de Vigo, café con xeo ou café con leite e un vaso de auga porfaplis, cartas (decenas delas, quizais xa algún que outro centenar), papel de cores e bolígrafos de tonalidades imposibles (un clásico, plateado sobre negro), psicotrópicos, El ángel guardián, Dysmorphia, Cadáver exquisito, e o mar o mar o mar que a obsesiona.

10) E o que hai no fondo desa inmensidade que é Pato... eu non o sei.

Alles Gute zum Geburtstag, Pato!

2 comentarios:

Qcousas dijo...

Tal cual!

Pato dijo...

¡Oh, dios mío, Princesa!! Quisiera estar de cumple todos los días!!! Estáis todos empeñados en hacerme llorar... Así pues: :******
¡Gracias!