domingo, 14 de junio de 2009

THE ART OF SIPPING BAILEYS FROM A SHOE



Se na última entrada que me atrevín a escribir irradiaba (coma o motor dun tractor vello) un certo optimismo, na de hoxe deixo as emanacións positivas nas mans de quen sabe como darlles forma e contido. A miña semana mantívose no punto medio dese baremo que é a mediocridade dispersa e insípida, a miúdo de consecuencias máis devastadoras que a propia infortuna. Teño un problema para desconectar do traballo, e sei que non me esforzo por invertir esta tendencia de banais tentativos de estudio cando non teño ganas nin azos nin forzas... coa inevitable consecuencia de perde-lo tempo sen ter resolto nada.

Coñecedes a Old Gregg? A Vince Noir e Howard Moon? Algunha vez comprástedes algún agasallo na Nabootique? Cruzástedes o espello para visitar a Mr. Susan? Invocástedes o espírito do destructivo diaño Nannatoo, avoíña de poderes maléficos? Coreástedes "I did a shit on your mum"? Provástedes a facer "crimping"? Non? Pois xa vai sendo hora...










Ai, se non fose por The Mighty Boosh...

3 comentarios:

Pato dijo...

Oh dios mío!!!! Llevo cinco minutos intentando recordar dónde había visto antes esa cara de gótico empedernido: ¡¡Es Richmond!!! ¡¡El de The IT Crowd!! ¡¡Mi amada serie y mi amado Richmond, ripping-off The League of Gentlemen yet again!! Genial, me encanta, gracias por este descubrimiento, Princesa.

A princesa no xardín dijo...

Si, o mesmo que viste e calza... Noel Fielding!!! Para a lista de capítulos de The Mighty Boosh, consultade:

http://www.bbc.co.uk/comedy/mightyboosh/

Case todos os episodios están dispoñibles en youtube (para os que, coma min, non poidades usa-la Mula ;P).

Que o desfrutedes!!

Pato dijo...

¡Mil gracias!!!