sábado, 30 de mayo de 2009

PARTY TIME



Onte convidáronme a saír pola noite, cousa que precisa unha aclaración. En Alemania o criterio da festa é ben distinto, e a xestión do tempo, oposta á aquela que se práctica nas Áfricas europeas. A dobre cita estableceuse así: ás 7, cea; ás 9, copa.

Eu uninme directamente ás 9 ó trío (quinteto despois de dous minutos) que me esperaba en Universitätplatz. Os que me coñecedes un algo ou un moito sabedes da miña timidez e sobrada inseguridade no que respecta ós movementos en ámbito social, e neste caso, tiven as miñas dúbidas sobre se unirme á comitiva ou non. Pero querendo comprobar por min mesma a natureza dos feitos, dos espacios e das persoas, boteime sen pensalo, a por eles, etc.

Pois a pesar das conversacións sobre política que se multiplicaron coma fungos durante a noite, da música altísima nun dos bares, e do baño perniciosamente inundado no que me tocou entrar, paseino ben. Será que o contacto humano nun ambiente coma o de Heidelberg se fai imprescindible para sobrevivir. Puido ser á heteroxeneidade do grupo, todos estranxeiros e nin un alemán entre nós, o que favoreceu o apacible curso da noite. Ou a liorta entre alemáns fornidos que albiscamos a través dos cristais do bar. Ou os espaguetis boloñesa que nos zampamos á 1:30 da madrugada nun local famoso por ofrecer este prato po tan só 1'90 euros (mellor non preguntar de onde procede a carne que inclúen na receita). Ou a conxunción dos pranetas. O a ruptura da miña particular longa noite de pedra neste pequeno lugar.

O caso é que tornei a casa pasadas ás 3. Podedes face-los vosos cálculos: en tempo español equivale alo menos ás 5 da mañá. Hoxe a princesa séntese mallada e relaxadamente feliz. Bótavos de menos, mais con doce morriña e sen angoxa malsana.

4 comentarios:

Pato dijo...

¡Viva!! Suena a noche de risas y coma etílico... Yo también querer una...

A princesa no xardín dijo...

Jajajaja!! Pola parte que me toca, nada de coma etílico, parrula. Eu coas miñas dúas cervexiñas xa me podo dar por satisfeita, que non teño aguante ningún e con pouco que me pase xa me atacan todo tipo de desagradables síntomas físicos.

E xa sabes, cando remates os engorrosos exames... party time para ti tamén!!

:***

Qcousas dijo...

Iso estou esperando eu... party time tamén sen preocupacións...

Hikari dijo...

Espaguetis por 1,90... Mmmmmm, qué hambre. XD