jueves, 28 de mayo de 2009

DEMOS FÓRA!



Oxalá que siga chovendo esta noite, e mañá, e a semana que ven, e todos os días que quedan por diante neste minúsculo recuncho do mundo teutón. A choiva espanta á xente, tranquilízame, reláxame, contáxiame con un humor pausado, moderada e positivamente melancólico. A masa gris de nubes húmidas que descende sobre as montañas faime sorrir, soñar, manter a esperanza.

Que llueva, que llueva...

Sabedes o peor que lle pode pasar a un/ha investigador/a? "Que sexa alcohólico" ou "que o collan folleteando cun/ha alumn@" non son opcións válidas: ó contrario, diría que son conditio sine quae non un investigador/académico non pode considerarse merecedor de excelencia. Isto si que é o peor: que tome demasiado en serio a súa labor, que se autoconvenza da validez universal da súa proposta metodolóxica, que a pretenda impoñer, e que cando lle corresponda expoñela o faga de maneira confusa e pouco convincente.

E hoxe, que tiven que asistir a unha conferencia como corresponde ás miñas obrigas profesionais (*suspiro*), fun testigo dun destes casos de corrupción epistemolóxica. A ponente (alemana, natürlich!), que recalcou a súa adscripción ó corpo dos historiadores y-a-mucha-honra, falou de jujitsu, do matrimonio Curie, de fronteiras, transgresión, nacionalismos metodolóxicos... e, probe de min, non entendín o "dunque" dos seus postulados. Será porque a que suscribe ten a cabeza noutra parte, en mundos vellos que quedaron soterrados nas areas, pero o que é entender, entendín ben pouco da revolución historiográfica que propón esta muller.

En momentos así danme ganas de poñerme en pé e gritar "Onde está a cámara oculta?". Porque o público que asiste a estas conferencias asente coa máxima concentración, fai observacións e participa, discute, insiste nos seus puntos de vista, coma se fose esencial, vital, ineludible, imperante, imprecindible... e o debate adoita ser útil, enriquecedor se queredes, o método sempre será necesario para calquera empresa humana, xa sexa cociñar uns espaguetis ou construir un ponte. Pero sen recurrir ó fanatismo do académico de pedestal.

Non ó terrorismo epistemolóxico, jojojo!!!

4 comentarios:

Qcousas dijo...

Está máis que claro que case que a metade das veces tómannos o pelo neste tipo de actos. Non es ti, nin a túa capacidade de raciocinio, son eles/as co seu convencemento de mentes superiores. Odio a quen non ten que contar e confunde no discurso para que nonse note.

Un bico galego.

Thomas dijo...

Eso de tomarse demasiado en serio lo que uno hace siempre me ha parecido un recurso desesperado para convencerse de que todo esto (la existencia) tiene sentido. Ya seas catedrático, funcionario o picapedrero.

Y el alcoholismo y el folleteo, pues también son recursos, sólo que probablemente menos desesperados y definitivamente más agradables.

O la lluvia. Let it rain, so.

Pato dijo...

A veces me da miedo el que yo pueda ser justamente así, como tu conferenciante alemana. Siempre defiendo con pasión desajustada mis ñordadas.
Por otro lado, es muy grande y maravilloso constatar que no todos siguen la corriente, no todos asienten cual perrito de plástico.
¿Lluvia? Ay, no parrula. Sol a moreas. Hazme caso, ya verás.

A princesa no xardín dijo...

Creo que para SER e ACTUAR convén ter certos convencementos, ideas, modelos, métodos, o-que-sexa propios... a historiadora alemana do conto tamén os ten, pero non soubo comunicalos, atribuindo ademais as fisuras do seu sistema a unha incapacidade de comprensión e aplicación por parte do oínte.

Eu tamén teño un grupo de pequenos convencementos, ideas, modelos e métodos, e quizais nalgún momento tamén me enforvoricei defendéndoos, non o sei... o que está claro é que, coa idade, vánseme revelando os fíos e os nos do entramado da experiencia humana (= Historia, neste caso), e esa claridade non pasa a través do filtro dos fanatismos exacerbados. Dígovos máis: eu espero que non se impoña o meu (aínda incipiente e imperfecto) método de traballo. Como se non podería reclamar un pensamento orixinal?

Gracias a tod@s por pasarvos por aquí!