martes, 28 de abril de 2009

ELECTROMONEZZA



Hoxe, mentres ía camiñando (coma sempre) ó traballo e (coma sempre) cruzando a ponte que separa (si, separa máis que une) as dúas ribeiras do Neckar, botei un ollo ás augas turbias do río e o corpo fixo un aceno vago, vaguísimo, de seguir o curso da mirada... da pupila á auga a distancia era curta e inmediata.

Eu non sei nadar e as correntes de auga prodúcenme pavor. Poñer un pé no mar, achegarme de máis ó cauce polo que berra o río, molla-los pernís nun pacífico lago volcánico, para min significan o mesmo: pisarlle o rabo a un animal furibundo. Morrer afogada figura na cúa da miña lista de "modelos posibles de consumación funeraria", así que esta miña reacción suicida só a podo explicar polos fumes que produce o vértigo, acentuados dende que retiraron (quen sabe por que motivo) as redes de protección.

AGONÍA, diso quería falarvos, do estrano percorrido desta palabra. Tanto nos diccionarios galegos coma nos españois, as acepcións corren parellas: período que precede á morte, angoxa do moribundo, lenta decadencia e desaparición dunha cousa... só a entrada no diccionario da RAE se atreve, cara ó final, a incluir a acepción "Lucha, combate", porque a etimoloxía do termo deriva do moi grego ἀγών, "contenda, lide, desafío". Que curiosa vida que lles damos ás palabras, nós, que cambiamos cos nosos usos e costumes o mesmo corazón da realidade. De ἀγών, que evoca actividade, enfrontamento, valía, pasamos a agonía, pasividade, paulatino murchir sen remisión. De ser suxeitos a ser obxectos.

Pero AGONÍA describe á perfección o meu estado xeral. Porque loito e quixera afundi-la cabeza baixo as mantas. Porque me deixo arrastrar e imaxínome plantándolle lume á cidade, sofocando ó río caníbal con ventadas de lume grego. Porque continuamente si e porque continuamente non.

Inflúe que dentro de tres semanas deposito a tese de doutorado, faltan as fotografías de media docena de textos por cotexar así como varios documentos que debería firmar o meu profesor, comecei a asistir ás clases de textos médicos cuneiformes que imparte o meu xefe e trabuqueime na normalización de dous termos (malditos dialectos babilónico e asirio), cousa que me sumiu nunha profunda estupidísima depresión que durou tres días e durante os que me fustiguei mentalmente (por se vos sae como pregunta do Trivial, lembrade que no dialecto asirio todo se tinxe con -e-, as -a- e -i- perden o seu individualísimo carácter polo poder da maléfica pérfida tiránica -e-), a absoluta crúa e irrefutable verdade é que aquí estou SOA, con maiúsculas luminosas en neón vermello, que os habitantes deste idílico anaco do cu do mundo resultan recoñecidamente sui generis (e neste caso non é unha virtude), que estou bregando co cuneiforme, co sumerio e co acadio para evitar que descubran o meu verdadeiro estatus de principiante na materia, que probo a convencerme de que si, de que sei do que falo, de que domino a materia, pero todos (as miñas dispares e autónomas neuronas, o meu corazón delator, o meu estómago encollido, e a vontade que os mantén a todos unidos, that is, me) sabemos que non é así.

Hasta aquí a parte MONEZZA (= lixo).



Para a parte ELECTRO serei breve, porque é a que verdadeiramente garda calidade. Nine Inch Nails a cotío (o seu último disco The Slip pode descargarse gratuitamente na súa páxina web), foron e seguirán sendo banda sonora do día a día. A place to bury strangers. Kraftwerk. Einsturzende Neubauten. Ladytron. Atari Teenage Riot.

Distorsión e lume grego: consignas para o presente.

4 comentarios:

Thomas dijo...

No sabes cómo me gustaría poder hacer algo más para animarte que dejar aquí este comentario.

El caso es que te admiro por cómo estás peleando por trabajar en algo en lo que crees y te interesa. Y a pesar de toda la monezza del mundo lo estás consiguiendo poco a poco. Lo vas a conseguir, princesa. La principiante acabará siendo una experta, un día la tesis acabará siendo un recuerdo, un paso más que has dado. Otro día Heidelberg será otro recuerdo, o ni eso.Y desde luego el Neckar se quedará con las ganas (demasiado honor sería para él!)

PS. Cuenta con un mail antes de este lunes.

PPS. Acabo de comprobar que desde el pasado octubre he escuchado The four of us are dying más de 100 veces...

Qcousas dijo...

Ánimo parrula! Non podo nin imaxinar o que está sucedendo na túa cabeza despois de tanto tempo traballando - si, ás veces pérdese a perspectiva - mais estamos todas-os seguras-os de que o obxectivo verase cumprido ( e máis que cumprido, sobrepasado).

Un bico e unha aperta.

Pato dijo...

Oh...
No sabes lo triste que me deja tu entrada.
¿Tú también estás sola? ¿Cómo pude ser tan egoista? Te pido mil perdones.
Pero ¿de qué otra manera se pasan los malos baches? Querida, siempre que quieras, no seas tímida, no conmigo: solo tienes que pedirlo.
Mil pequeños trucos que funcionan se reducen a ver una película insustancial o a leer un cómic. Cuántas veces me habrán salvado Muriel y Priscilla...
Princesa: si ahora estás bajando, es solo para que cojas fuerza al subir.

A princesa no xardín dijo...

Gracias, gracias e gracias, Thomas, Cousas e Pato!!

:***