martes, 7 de abril de 2009

CARI TUTTI

Hai unha hora e media produciuse unha nova réplica do fatal terremoto, que chegou a Roma enfeblecido... iso non lle impediu, sen embargo, axitar as estanterías de libros, tocar as pequenas campás e os axouxeres que colgan do teito, e facerme sentir medo e impotencia.

En Roma continúa a vida cotiá, o terremoto acariñou a Cidade Eterna só coa punta dos dedos, pero o corazón bateulle forte en Abruzzo. Nós, aquí, estamos ben. Eles... non. Por se non tivesen dado a noticia nas canles españolas, dígovos que se abrirá unha enquisa pública para determinar se houbo neglixencia no acontecer da traxedia: semella que os centros de estudio da actividade sismolóxica obviaron (voluntariamente) evidencias que poderían ter servido para alertar, canto menos, ós servizos de protección civil.

Vedremo.

Esta é a páxina do xornal La Repubblica, onde puntualmente actualizan a información dispoñible sobre o suceso:



E gracias a tod@s por estar aí.

3 comentarios:

Pato dijo...

Querida, pensé en ti inmediatamente. Menos mal que estáis bien, pero qué tragedia!! No sé qué decir... Creo que es mejor callar.

Hikari dijo...

Yo también pensé en ti al oir la noticia por primera vez. Qué alivio al decirme Pato que estabas bien... Las palabras me fallan igualmente.

Osore dijo...

Unha verdadeira catástrofe, mais alégrame que estés ben (Pato tranquilizounos a todos). Xa contarás como están os ánimos por esas fermosas terras. As noticias chegan aquí, aínda que supoño que non é o mesmo. En fin, estamos convosco.

Que a Forza che acompañe,
Osore.