sábado, 28 de marzo de 2009

SÍ, VOY A SER MAMÁ

voy a tener un bebé,
para jugar con él, para explotarlo bien...



Non, non entrei nese estado que chaman de boa esperanza. Estas liñas marcan o comezo da canción "Voy a ser mamá" da efímera formación Almodóvar & McNamara. Lembro que un día lle comentamos á nosa caseira (e amiga) Oriana que o seu aclamadísimo Almodóvar (ou "Almodovár", como o pronuncian en Italia) adoitaba levar taconazo, malla axustada e ollo pintado nos 80... e non quixo crelo. Oscarizado e elevado ás alturas do "cine de autor", resultáballe inverosímil o seu pasado de vedette urbana que paseaba polos escearios o seu repertorio de "Moquito a moco", "Satanasa" e "Monja jamón".

A isto chámaselle "alternativismo rancio".

Pero non é Almodóvar quen me interesa, senón a que foi parella artística... Fabio Mcnamara!!! Rubio alto e finísimo coma un bimbio, ultraceñido con tacóns de vértigo e traxe de luces, ou glitterqueersuperpunk como en "Laberinto de pasiones"... que overdose!



Eu descubrino tarde, a través do disco "Rockstation" (e nunca lle agradecerei o suficiente a Álvaro o terme grabado unha copia), pero dende esa iluminación, lévoo a todas partes. McNamara en Barcelona, en Roma, en Heidelberg! "A tutti plein" e "Mariclones", este último con Sarassas Music viñeron a corroborar os efectos terapéuticos das súas cancións.

Ademais, Lo aprendeu parte do seu español gracias a el

"eso no es bueno, esas perlas son falsas"

ou

"soy Bree Van de Kamp. Mi marido ha desaparecido en Sotogrande. Avisen a las autoridades"

ou

"soy Drácula y estoy operada, bienvenidos a mi morada".

Non son frases utilitarias para usar tódolos días, pero pódente sacar dun apuro... sempre que sexas Bree Van de Kamp ou traballes nun negocio de empeños!!

Por que este post? Pois porque McNamara ten novo disco, grabado cos Glitter Klinik de Luis Miguélez (Alaska y Dinarama, Metálicos, Glamour to Kill...), gran evento, considerando que edita un plástico cada 2 olimpíadas. Escoitei tres cancións deste "Bye bye supersonic": o single promocional "Celebritis", "España is diferent" (reproduzo ortograficamente os títulos, que conste) e a miña favorita da tríada, "El gran Caracán" (era era una mera quimera que será qué será de Quimera Caracán tachún tachán).

Cando escoito as súas cancións e coreo as súas letras (porque é un acto reflexo imposible de refrear), toda a chuvia e a soidade de Heidelberg deixan de importarme.

1 comentario:

Pato dijo...

Yeah!!! Vivan las Mari.com!! Cuánto me queda por aprender, querida, y qué bien que así sea. Y "Aprenda español con mil palabras de MacNamara" es el cursillo del futuro, ahí está Lo de ejemplo, vivedios!
Voy a ver los vídeos ahorita, doña. (Bandida, pensar que me tragué lo del título...)