domingo, 8 de marzo de 2009

PÉROLAS DE SABEDORÍA



"The whole of life is but a twinkling of the eye.
Wathever he possesses a man does not really possess.
Death is the real owner of property".

Mentres traballaba no artigo que me encargaron sobre as parteiras en Mesopotamia, cruceime con esta cita no volume de R. Gender and Aging in Mesopotamia: The Gilgamesh Epic and Other Ancient Literature. Pasaxes deste tipo non son infrecuentes na literatura sumerioacadia, máis ben ó contrario, pero ese día, quen sabe por que, o peso da mensaxe prendeume no corazón e tirou del cara abaixo, como querendo afogalo.

Hai 4000 anos, estes escribas puñan por escrito as verdades da vida cotiá. En linguas e escrituras distintas das nosas, falaban da tristura e da soidade, da vida fuxidía, do desexo sexual, do infortunio e do carpe diem, da natureza do home, do seu destino. Din que "mal de moitos, consolo de parvos", pero axúdame saber que non somos nen mellores nen peores do que outros, eles, os nosos antergos, foron. Que o que sentimos xa o sentiron outros. Que esas soidades e eses medos informes que non sabemos recoñecer nin poñerlles nome, en realidade son vellos coma o mundo. Que non nos queda nada que descubrir como especie, aínda que si como individuos. Recoñecendo as nosas miserias, iguais en intensidade se non en contido e forma ás miserias dos que nos precederon, podo marcar un punto de partida para mellorar "nel mio piccolo" aquilo que me rodea, que me está preto, que son eu e o meu mundo.

Porque como foron, somos, e como somos, serán.

2 comentarios:

Pato dijo...

Ya, ya lo sabía. Pero verdad que a veces te quedas con la boca abierta al leer algo que ya sabías. Es que tú le das una nueva perspectiva, porque la Princesa de hoy no es la misma Princesa que mañana.
Preciosa foto.

Thomas dijo...

Ni mejores ni peores, pero en estos últimos tiempos -creo yo- menos aficionados a mirar las verdades como ésta cara a cara.

Porque de hacerlo, me parece que las ventas de teléfonos móviles de última generación (y chorradas así) iban a caer en picado.

Y sí que es una foto preciosa. Tal vez la ponga de fondo de escritorio. Risas aseguradas cuando la vea mi madre.