viernes, 13 de marzo de 2009

GÓTICO AMERICANO



Imaxino que son unha das poucas persoas no mundo que non atesoura nin un só disco dalgúns dos seus grupos máis adorados. Este é, singularmente, o meu caso. Algunhas grabacións quedaron en antigos enderezos, ou prisioneiras en ordeadores alleos na etérea forma de mp3; outras eran propiedade de amigos ou compañeiros de piso; mesmo están aquelas que, sendo copias de seu pero amadas coma se fosen orixinais, morreron para o mundo dixital e, no seu corpo circular e compacto, levaron á tumba as cancións amadas.

E deste xeito a memoria humana, traicioneira, fai por esquencer aqueles amantes (musicais) do pasado. De aí este "gótico americano" bautizado como 16 Horsepower.

Non me lembro con precisión de como ou cando os coñecín. Foi en Barcelona, moi probablemente ó ano de terme mudado á grande urbe. E estou case segura de que Javi tiña unha copia pirata de Low State. É todo o que consigo lembrar. Aparte da súa música...

16 Horsepower son (eran) escuros, violíns, mandolinas, guitarras eléctricas, distorsión, concertina, e por suposto, banjo. Letras arraigadas nun cristianismo primitivo, cru, decimonónico, colonial e febril, moi gótico, si, moi americano. Pecado, castigo, sufrimento, e redención. Admirado David Eugene Edwards.

Para vós este gótico americano que cai en venres 13.

4 comentarios:

el amigo de ted dijo...

Vaya! El vello de punta...
Yo que pensaba que después de escuchar a Tindersticks lo tenía todo hecho, pues no.

"Folklore" - descubrimiento del mes! Gracias.

Pato dijo...

Guau, me ha encantado! Y no, no eres la única. Yo no tengo absolutamente nada de Black Sabbath, Nina Simone o Ennio Morricone. ¿Cómo te lo explicas?

A princesa no xardín dijo...

Querido Amigo de Ted: benvido!! É un pracer!!

Querida parrula: que alivio saber que compartimos esta práctica curiosa de non posuir fisicamente os nosos fetiches musicais! Creo que polo feito de non ter ningún disco de 16 Horsepower, cando cazo as súas cancións ou os seus vídeos disfrútoos moito máis, coa avidez do momento presente.

Ós dous: recoméndovos tamén Woven Hand, o grupo actual (aínda que xa leva varios discos) de David Eugene Edwards.

Hikari dijo...

Acábome de namorar desta canción...

A min pásame igual, pero no meu caso creo que é porque no me considero fan de ningún grupo en particular. É algo estraño...