jueves, 8 de enero de 2009

SCHNEE

Vista da Praza da Universidade hai unha chea de anos


Agora vivo baixo cero, na neve que cubre sutilmente estradas, beirarrúas, coches, tellados, bosques. Teño a pel seca polo frío, e cada vez que saio fóra só se me ven os ollos húmidos aló no fondo, entre as enrugas da bufanda e o gorro afundido sobre as cellas.

Heidelberg en inverno lémbrame as paisaxes dunha película que aínda non vin, "Let the right one in", xeada e algo impersoal, habitada por persoas que semellan zombificadas, quen sabe se polo frío ou polo peso da propia cultura teutónica. Ás veces teño a sensación de que acabarán descubríndome, apuntándome directamente co brazo estirado e delatándome cun chío metálico como Donald Sutherland en "La invasión de los ultracuerpos". Que que descubrirán? Pois que a miña preparación para o posto de traballo tal e como eles o conciben é bastante deficitaria, pero visto que son a heroína desta particular historia, farei o posible para que tal desenlace non suceda. Endexamáis.

Por certo, hoxe presentáronme o meu escritorio (aka lugar concreto e físico onde desenvolverei o meu traballo), branco metálico no medio dunha das salas da biblioteca, fronte a unha enorme fiestra que dá á Universitätsplatz (mellor acostumarse canto antes á maneira local de chamarlle ás cousas). Luns será o meu primeiro día de contacto directo con esta que será a miña nova realidade.

A todos e todas que tivestes unha (ou centos!) de palabras de agarimo e ánimo para min nesta nova andadura, gracias!

6 comentarios:

Thomas dijo...

La Princesa contra los Ultracuerpos del Norte. Yo apuesto por la Princesa.

Mientras tanto, las palabras seguirán llegando. Cuídate, y a por ellos!

Pato dijo...

Schnuss, schunss, auchtung baby, schoclade, mutter y ostias en alemán variadas.
Que te los comes con pfotatosch, te lo dijo ich.

Hikari dijo...

Der schöner Schnee...

Ánimo na túa nova vida, Princesa, que seguro que todo vai ir ben. ^^

A princesa no xardín dijo...

Jrasias a tod@s! Seguirei informando puntualmente ;P

Osore dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Osore dijo...

Equivoqueime no comentario, repito:

Sorte na túa nova aventura, Princesa. Xa contarás que tal che vai. Eu espero chegar a ese lugar algún día e convivir con parte da familia mentres aprendo o idioma. Ainsh, algún día...

Möge die Macht mit dir sein.