
Para ir ó traballo sempre fago o mesmo percorrido a pé. Deixo atrás o campus, cheo de hospitais, clínicas e centros de investigación do cancro; cruzo a estrada e baixo ata a beira do río, e seguindo o cauce das augas voume achegando ó centro da cidade, aquel que aparece en tódalas postais, co castelo ó fondo, e as montañas, e o Karl-Theodor-Brücke. En Neckarstaden sempre atallo indo polo interior dun centro comercial que desemboca en Haupstrasse, onde está, xustamente, o meu cubículo.
Pois ben, no centro comercial a esas horas da mañá atopo sempre as mesmas persoas: preto da porta pola que entro, un home xa anciano nunha cadeira de rodas que lee o xornal e que sempre me dá as costas; xunto a porta pola que saio, outro home, tamén anciano, igualmente en cadeira de rodas, inmóvil.
E eles pensarán, se é que se decatan de min, que eu son sempre a mesma, sempre coa mochila de colexiala, sempre atravesando o centro comercial sen pararme nos escaparates, sen pedir ningún café para levar.
Un mundo sen sorpresas, cheo de rebaños de corvos que berran sobre o Neckar cando saio da casa polas mañás e cando volto case anoitecendo.
5 comentarios:
Solo tú los ves. Son los dos fantasmas de las Esfinges egipcias que adoptan formas humanas para sentirse olvidadas y a salvo. Si algún día te hablan, huye. Recuerda que te harán una pregunta y debrás contestar La Verdad. Además, yo creo que sí te han visto. Están a la espera de un descuido tuyo para abordarte... Cruza el centro comercial lo más rápido que puedas!
Uh, qué siniestro. Y más todavía al leer la versión de Pato. Pero mi teoría es que no hay dos, sino un solo espíritu. El anciano en silla de ruedas de la salida y de la entrada son la misma persona...
Pato, Hikari: onte todo foi exactamente igual, as dúas portas, as dúas cadeiras de rodas, os dous homes anciáns. Terror multiplicado.
Pero hoxe descubrín algo: que algunhas esfinxes só exercen a partir das 9 da mañá. Ata as criaturas mitolóxicas respetan os horarios de traballo!!!
¡Oh, Dios mío! Eso que dices sí inspira terror! Me recuerda a "El ansia": la cara de David Bowie arrugándose, descomponiéndose... Fascinante.
Esas cousas da vida diaria que fan da existencia en medio da nada algo memorable son o mellor. Pequenas curiosidades que botarás de menos cando non as vivas.
Publicar un comentario