miércoles, 23 de julio de 2008

EU MALDIGO A MALDITA MALDICIÓN


Pasa, ás veces, que veñen as ganas de maldicir... coma unha semente que levásemos prantada no fígado e na tripa revirada, crecen as ramas engarabulladas desa criatura de espiñas que xermola e crece rabuñando no estómago, nos pulmóns, lixeira polo esófago cara arriba, cara a gorxa, tropezando nos dentes, querendo rompernos os beizos e a lingua para saír pola boca, veleno quente que queime e desfigure e desfaga faces e mans e miradas dos que din ou fan ou calan o que non deben.
Para aportar o meu gran nesa busca da maldición perfecta, para que a cuspades cando sapos e colebras se arreguicen dentro de vós, aquí vos deixo as palabra de Oliverio Girondo

QUE LOS RUIDOS TE PERFOREN LOS DIENTES...

Que los ruidos te perforen los dientes,
como una lima de dentista,
y la memoria se te llene de herrumbre,
de olores descompuestos y de palabras rotas.
Que te crezca, en cada uno de los poros,
una pata de araña;
que sólo puedas alimentarte de barajas usadas
y que el sueño te reduzca, como una aplanadora,
al espesor de tu retrato.
Que al salir a la calle,
hasta los faroles te corran a patadas;
que un fanatismo irresistible te obligue a prosternarte
ante los tachos de basura
y que todos los habitantes de la ciudad
te confundan con un madero.
Que cuando quieras decir: "Mi amor",
digas: "Pescado frito";
que tus manos intenten estrangularte a cada rato,
y que en vez de tirar el cigarrillo,
seas tú el que te arrojes en las salivaderas.
Que tu mujer te engañe hasta con los buzones;
que al acostarse junto a ti,
se metamorfosee en sanguijuela,
y que después de parir un cuervo,
alumbre una llave inglesa.
Que tu familia se divierta en deformarte el esqueleto,
para que los espejos, al mirarte,
se suiciden de repugnancia;
que tu único entretenimiento consista en instalarte
en la sala de espera de los dentistas,
disfrazado de cocodrilo,
y que te enamores, tan locamente,
de una caja de hierro,
que no puedas dejar, ni por un solo instante,
de lamerle la cerradura.

viernes, 18 de julio de 2008

COMO SOBREVIVIR Ó IMPERIO

Vivo nun barrio onde se reúnen os neofascistas para pegar carteis disparatados con consignas absurdas e un aparato gráfico inmellorable que presenta a Carlomagno visitando Stonehenge para darse ó vicio cos celtas e cos emperadores romanos... Roma é de extrema dereita, e agora máis que nunca, visto que nas últimas votacións saiu elixido como alcalde o candidato de Alleanza Nazionale
(e xa o dicía Alberto Sordi en "Un americano a Roma": "all right, all right" ¡sempre á dereita!)



Pero non é da política nin das tornas que está a tomar a nosa sociedade contemporánea do que quero falar, senón dalgo moito máis prosaico e cotiá. Estes neofascistas de barrio teñen por costume, especialmente cando chega o verán e o bo tempo, pasar as noites no pub irlandés de aquí abaixo, o Devock (todo moi celta e moi nórdico, como podedes ver, aínda que eles mesmos sexan mouros de ollos escuros). Como ademais está o paseo (por chamarche dalgunha maneira) que bordea o río, con randeeiras e bancos, estes animaliños non poden evitar sentarse neles ou columpiarse freneticamente, cantando cancións, falando a gritos, simulando orgasmos, rindo coma bestas chegadas do inferno, et cetera. E todo isto, claro está, ben pasada a medianoite, sexa luns ou sábado... onte e antesdote e o día anterior tamén, estes misioneiros do pasado regaláronme momentos de insomne beleza (na seguridade do meu recunchiño proferín todos os xuramentos compostos a partir de 'cona' e 'carallo' que me viñeron á cabeza).
O peor de todo é que este comportamento non é patrimonio dos neofascistas. Aquí súfrese de individualismo incívico absoluto, e, como di o refrán "donde fueres haz lo que vieres", se non te adaptas, se non aprendes a subir ó autobús a codazos, a camiñar coma se a beirarrúa fose toda túa, e a ignorar a todo mundo, non poderás vivir en Roma.
Porque ¿como se pode cambiar a un pobo enteiro que dedica serenatas de berros pola cidade adiante, que acelera cando ve que alguén atraversa un paso de cebra, que se cola intencionadamente na fila da panadería?
A Princesa está cabreada, ¿que terá a princesa?

miércoles, 16 de julio de 2008

ROMPENDO O FEITIZO CON THE HORRORS

Pois como toca poñerse a nadar, aquí vos deixo unha primeira tentativa para irme aveciñando á costa (todas estas metáforas acuáticas fanme rir, ¿para que enganarnos? ¡¡Se eu non sei nadar, nin flotar, e sequera fose á praia!!)

She's the new thing



She's a special girl you know, the kind I'd hope to see, hanging on a wall, watching me cross the street
I wonder how long it will be before I'm sick of her, and I no longer care where she goes or has been, because she's the new thing
Feel my stomach sink. Whatever she brings, I cast myself in
She is the new thing
It started so slight then I flared into life, attention again onto another new thing
Once she had me on my knees, enamoured with disease
Now, she fails to impress
A different sickness
A different kind of sickness, lacking any interest
And I, sunk in apathy, totally absorbed in me
Sitting vacant on my own, my senses lying prone
She was the new thing
Feel my stomach sink and I curse my slow limbs
Staring at her, alterior girl, I cast myself into whatever she brings...
Another new
With sickness, it ends how it begins: First mine then hers, and then the cycle blurs as my actions reoccur through no fault of my own, through no fault of my own.

martes, 15 de julio de 2008

Da humana Providencia que fai o que lle parece etc

Xa, xa, que levo meses sen escribir nada, silencio absoluto, submarino... que se tardo en responder ós mails, que se non dou sinais de vida (Pato, de verdade que o sinto, ¡son un becho infame!)... que se parece que lle estou a perder o gusto a iso da literatura, ó escribir historias...
que se isto e que se o outro e o de máis alá, o certo é que son acusacións certas, xustas e veraces, ando perdida como polbo en garaxe alleo, e miñas damas e meus señores, ¡teño que ponerlle freo a este meu deixarse levar polas obrigas e os nervios e o "non-teño-tempo-pra-nada"!

En fin, que hai unha semana que regresei a Roma, e teño algúns blogs pendentes (que practicamente xa están escritos; ¡as viaxes de tren no tramo ferroviario Vigo-Coruña dan para moito!) para publicalos neste desastre no que vivo. Un pouco de paciencia e conseguirei que vexan a luz do día. Pasade a visitarme, se non a min, alo menos para deixárdevos aloumiñar polo click clack clock dos ósos dos príncipes vencidos que penduran das árbores deste meu Xardín.