sábado, 13 de diciembre de 2008

UNHA OFELIA EN PIXAMA



Que tempo!! Que chuvias!! Que temporal!! Dende que Lo marchou a Londres, Italia vive unha alerta continua polo mal tempo, un pánico que ten algo de fin de século, milenarista terror de auga, vento e tronada.

Todas as fiestras do noso piso dan ó río Aniene, que desta vez corre ben cheo, co peito de fóra, arrastrando lama, extendendo os brazos e abrindo a boca para tragarse todo o que atope. Do seu leito despuntan tan só as ponlas das árbores; do toro, mergullado nas augas, só se ten o recordo. Pato sempre di que o mar nos levará a todos por diante, será a "vendetta" dos océanos; pero mentres, toca esperar; mentres, a terra confórmase con ir practicando: a nai Natureza chove sobre os ríos e provoca inundacións aquí e acolá.

Ás veces pego o nariz ó cristal, miro cara o río e pregúntome se desta si, desta chega a auga á miña casa, desta mollo os calcetíns, desta non se libra ninguén e moito menos eu que, seguindo unha ancestral tradición familiar, nunca aprendín a nadar. Se vos chega a noticia de que se atopou unha moza en pixama xigante de home de franela a cadros azuis na riada, tranquil@s: son eu, que durmo nas augas.

3 comentarios:

Hikari dijo...

Que terrible!! Non sei por que, pero cando estaba lendo o do río que traga todo o que atopa ó seu paso acordeime do Deus Pestilente de Chihiro...

Non deixes que a corrente te leve, que queremos verte aquí pronto!! ^^

Thomas dijo...

Hoy también ha llovido aquí, después de varios días de secano. Durante la mañana y parte de la tarde la lluvia ha ametrallado los cristales... y por mí podría seguir haciéndolo. Estoy con humor de lluvia.

(Según el pronóstico, tal vez mañana nieve, y me parece aún mejor)

De todas formas, por bonito que haces que suene lo de dormir en las aguas esperemos que no haya que llegar a eso, ok?

Pato dijo...

¡Que estemos tranquilos! ¡Cuándo he estado yo tranquila! ¡Y menos si os pasa algo malo! Princesa, os lo ruego, y os recuerdo que hicimos un juramento: has de aprender a nadar. Lo de dejarse llevar por la corriente no es para vuesa merced.