jueves, 4 de diciembre de 2008

CRAVOS NO MEU TÉ



Hai xa varias horas que anoiteceu na Cidade Eterna: aínda así, a súa eternidade non impide que a luz do día esmoreza. Así que hoxe, coma onte, coma sempre no outono, tebras.

Teño os pés xeados, pero as meixelas coloradas. Estes son os poderes dos cravos no meu té China. Entendo a especia, que lle da un sabor exótico ó meu rutinario xoves. O sabor da tristura. O cheiriño da morriña. O calor das saudades.

¡Ai! E é que estou soíña na casa, coas miñas correccións, as miñas fotocopias amoreadas enriba da mesa e no sofá e polo chan e nas cadeiras, cos cristais brancos de frío, e a radio botando fóra cancións melancólicas.

4 comentarios:

Pato dijo...

¿No sientes como, en esos mismos momentos, me siento junto a ti y soplo en tu taza? ¿Y Lo? ¿Dónde ha ido?

Hikari dijo...

Oh, nunca probei a botar cravos no té... Para empezar creo que nunca probei o té chinés. Ten que estar ben rico. XD

A princesa no xardín dijo...

De vez en cando fago estes experimentos raros. O do cravo funciona, Hikari. Un día destes, cando teña algo máis de tempo, hei de facer unha entrada coa receita do masala chai, unha mestura de té indio que está... mmmmm!! boísimo!!

Osore dijo...

Mmmmmmm...esas tardes tienen mucho encanto.

Que la Fuerza te acompañe.