jueves, 6 de noviembre de 2008

IL PARADISO DEI CALZINI

"Dove vanno a finire i calzini
quando perdono i loro vicini?
Dove vanno a finire beati
i perduti con quelli spaiati"

¿Como resistirse a un músico capaz de compoñer unha canción adicada ós calcetíns perdidos nos recunchos da vida? Así é Vinicio Capossela, un calcetín desaparellado cheo de cores distintas, de liñas, puntos, cadros e rombos, todo xunto, todo revolto.

El foi un dos primeiros artistas italiáns que coñecín pouco antes de vir vivir a Roma, e seguramente é un dos meus máis admirados... lémbrame a Tom Waits, a Paolo Conte, a Goran Bregovic, a un músico ambulante, a unha banda de música de aldea co pasarrúas de rigor...

Hai pouco que tirou un disco novo, "Da solo", que dende onte acompaña as miñas horas de traballo diante do ordeador. E nese disco aparece "Il paradiso dei calzini". Prego para que todos os calcetíns que deixei orfos e perdidos atopen o seu lugar.

"Maraja"




"Brucia Troia"

2 comentarios:

Pato dijo...

Estoy tentada a cambiar mi nick por Calcetín Desparejado... Creo que me describe tan bien como el color naranja. Ahora mismo estoy en la facultad y no puedo escuchar las canciones. Lo haré en cuanto llegue a casa.
Calcetín... Desparejado... Coño, realmente, me va al pelo.

Hikari dijo...

Gustárome moito os dous vídeos, sobre todo o primeiro. Non entendín moito, pero é unha canción que levanta o ánimo.

Gustoume a min iso tamén do calcetín... XD