viernes, 26 de septiembre de 2008

TRAXEDIA EN VENRES



Só sentín o cheiro a queimado durante uns poucos segundos, mentres tiña a porta aperta para que pasase Lo coa bici. Despois, nada. Quedei soa na casa e púxenme a traballar na tese, como fago sempre de luns a venres.

Pasados 15 minutos, os asubíos dun camión de bombeiros. Varias ambulancias. E coches da policía. Saquei a cabeza pola fiestra para botar unha ollada: bombeiros, ambulancias e policía ocupaban a rúa diante do edificio no que vivo. Escoito pasos na escaleira, que non se paran no meu terceiro piso e prosiguen o seu camiño cara arriba. Ruido, voces. O meu corazón bate rápido, convénzome de que en calquera momento un policía petará na miña porta e me dirá que o edificio debe ser desaloxado inmediatamente.

Pero non é así. Eu, tímida e cohibida como son, non me atrevo a abrir a porta e buscar un policía para que confirme a natureza dos feitos... en poucas horas coñezo a verdade, e esta resulta horrible: unha anciana que vive no edificio faleceu hoxe, queimada. Ese cheiro que me entrou no nariz non proviña das obras que están facendo na fachada, como pensei nun primeiro momento, senón da mesma morte. Sinto arrepíos ó pensalo. Eu coñecía á anciana, unha muller menuda vestida sempre impecablemente, que se movía con certa dificultade, moi lentamente. Lembro un día na que eu baixaba polas escaleiras e ela agardaba polo ascensor. Unha moza baixou correndo con axilidade, e a anciana loubou as marabillas da xuventude (a beleza, a flexibilidade, a enerxía) coa mirada chea de tristura.

Síntome baldada emocionalmente, miñas amigas, meus amigos, por esta traxedia cotiá, que mañá sairá nos xornais e o domingo será esquecida.

2 comentarios:

Pato dijo...

Oh, Princesa, ¡qué horrible! Y cuánto más escalofriante es tu entrada cuando ayer mismo soñé con un incendio en mi casa!!!! Como ya sugeriste antes: es una suerte de telepatía.
No puedo decir nada más, pues estoy muda de miedo.

Qcousas dijo...

Sinto arrepíos eu tamén...ese cheiro entrando polo nariz...si que é terríbel o acontecemento que narras...