martes, 15 de julio de 2008

Da humana Providencia que fai o que lle parece etc

Xa, xa, que levo meses sen escribir nada, silencio absoluto, submarino... que se tardo en responder ós mails, que se non dou sinais de vida (Pato, de verdade que o sinto, ¡son un becho infame!)... que se parece que lle estou a perder o gusto a iso da literatura, ó escribir historias...
que se isto e que se o outro e o de máis alá, o certo é que son acusacións certas, xustas e veraces, ando perdida como polbo en garaxe alleo, e miñas damas e meus señores, ¡teño que ponerlle freo a este meu deixarse levar polas obrigas e os nervios e o "non-teño-tempo-pra-nada"!

En fin, que hai unha semana que regresei a Roma, e teño algúns blogs pendentes (que practicamente xa están escritos; ¡as viaxes de tren no tramo ferroviario Vigo-Coruña dan para moito!) para publicalos neste desastre no que vivo. Un pouco de paciencia e conseguirei que vexan a luz do día. Pasade a visitarme, se non a min, alo menos para deixárdevos aloumiñar polo click clack clock dos ósos dos príncipes vencidos que penduran das árbores deste meu Xardín.

2 comentarios:

Pato dijo...

No puedes rendirte ahora, a escasos metros del final. No lo hagas por mí, no lo hagas por ningún amigo, no lo hagas por Lorenzo. Hacedlo por vos, dama. No te dejes estar, o se te llevará la corriente. Ponte a nadar.
En la orilla te esperamos, parrula.
Bico, Pato xx

Qcousas dijo...

Ea!
Nada máis que engadir...Pato díxoo perfectamente...