viernes, 18 de julio de 2008

COMO SOBREVIVIR Ó IMPERIO

Vivo nun barrio onde se reúnen os neofascistas para pegar carteis disparatados con consignas absurdas e un aparato gráfico inmellorable que presenta a Carlomagno visitando Stonehenge para darse ó vicio cos celtas e cos emperadores romanos... Roma é de extrema dereita, e agora máis que nunca, visto que nas últimas votacións saiu elixido como alcalde o candidato de Alleanza Nazionale
(e xa o dicía Alberto Sordi en "Un americano a Roma": "all right, all right" ¡sempre á dereita!)



Pero non é da política nin das tornas que está a tomar a nosa sociedade contemporánea do que quero falar, senón dalgo moito máis prosaico e cotiá. Estes neofascistas de barrio teñen por costume, especialmente cando chega o verán e o bo tempo, pasar as noites no pub irlandés de aquí abaixo, o Devock (todo moi celta e moi nórdico, como podedes ver, aínda que eles mesmos sexan mouros de ollos escuros). Como ademais está o paseo (por chamarche dalgunha maneira) que bordea o río, con randeeiras e bancos, estes animaliños non poden evitar sentarse neles ou columpiarse freneticamente, cantando cancións, falando a gritos, simulando orgasmos, rindo coma bestas chegadas do inferno, et cetera. E todo isto, claro está, ben pasada a medianoite, sexa luns ou sábado... onte e antesdote e o día anterior tamén, estes misioneiros do pasado regaláronme momentos de insomne beleza (na seguridade do meu recunchiño proferín todos os xuramentos compostos a partir de 'cona' e 'carallo' que me viñeron á cabeza).
O peor de todo é que este comportamento non é patrimonio dos neofascistas. Aquí súfrese de individualismo incívico absoluto, e, como di o refrán "donde fueres haz lo que vieres", se non te adaptas, se non aprendes a subir ó autobús a codazos, a camiñar coma se a beirarrúa fose toda túa, e a ignorar a todo mundo, non poderás vivir en Roma.
Porque ¿como se pode cambiar a un pobo enteiro que dedica serenatas de berros pola cidade adiante, que acelera cando ve que alguén atraversa un paso de cebra, que se cola intencionadamente na fila da panadería?
A Princesa está cabreada, ¿que terá a princesa?

1 comentario:

Pato dijo...

Da gusto verte hasta los ovarios, dama. Pero piensa; tú llevas ya un año viviendo en Roma, lo cual no te ha corrompido. Lo cual significa dos cosas: Primero, eres incorruptible. Segundo, otra clase de persona existe en esa urbe latina: Lorenzo y tú.
La gente es insolidaria porque es infeliz, porque tiene miedo y porque ser un cabrón resulta mucho más fácil (y también está mejor visto) que ser amable.
Bueno, no quiero escribirte aquí un tratado sobre la sociedad, eso lo dejo para mi clase de filosofía. Sólo añadir que me encanta volver a leerte.
Y que te quiero mucho.
Y que pronto recibirás una copia del Plan Chocho formalizado con banda sonora incluida (a la cual deberás añadir tú un tema).
Y viento en popa a toda vela!!