martes, 8 de abril de 2008

FELLINIANA


Hai semanas que me veñen á cabeza historias e pequenos acontecementos para compartir con vós, pero non consigo poñelos en palabras. Cando os escribo imaxinariamente, todos os meus blogs resultan fascinantes e marabillosos, pero cando me sento diante do ordeador (coma hoxe), iso mesmo que pensaba contarvos semella unha banalidade absoluta.
Por iso, hoxe vai ser Fellini quen se encargue de contarvos contos antes de irdes para á cama. ¿Por que Fellini? Pois porque nestes últimos días levo visto algunhas das súas películas, e sempre me queda a sensación de que merecen un segundo visionado... e porque unha das miñas películas favoritas, "Le notti di Cabiria", foi dirixida por Fellini... e tamén porque si e porque tamén e porque creo que vos pode facer rir e chorar e sentir profundamente unha morea de sentimentos.
Espero que teñades un pouco de tempo para lle botar un ollo ós vídeos (son todos en italiano, os que puiden atopar no sacrosanto You Tube).

'Amarcord': a miña primeira experiencia felliniana ou "como afogar nas tetas da estanqueira"



'8 1/2': cardeais, amantes, recordos, balnearios e naves espaciais, unha longametraxe que conta a historia dun director de cine que pretende condensar nunha película a confusión reinante na súa vida, etc



'La dolce vita': seguramente, o film máis internacional e mellor coñecido de Fellini. Roma nunca foi máis glamorousa que nesta película... lástima que Anita Ekberg, despois do famosísimo baño na Fontana di Trevi, remata no hotel cunha boa labazada, e o pobre Mastroianni, tirado na rúa con dous puñetazos no estómago.



'La Strada': preséntovos a unha das miñas actrices favoritas, Giuletta Masina. Este vídeo é un "corta e pega" de distintas esceas da película.



E last but not least, 'Le notti di Cabiria', favorita de favoritas, outra vez con Giuletta Masina, no papel dunha prostituta con moi mala sorte. Aproveitado para bailar o mambo.

3 comentarios:

Qcousas dijo...

Encantáronme todos...algúns xa os coñecía - as películas, digo - aínda que outras non...a averdade é que á miña irmá gustáballe moito Fellini e eu era demasiado nova como para entendelo.

Parabéns, unha entrada estupenda... e si, ás veces, aínda que non o pareza, a pantalla do ordenador vólvese infinita...compréndoche por enteiro.

Son días!

A princesa no xardín dijo...

Moitas gracias, Cousiñas!! Alédome moito de que che gustara a entrada, e sobre todo, de que poidésemos compartir este "algo" felliniano marabilloso...

Pato dijo...

Había escrito un mensaje larguísimo (Dios mío, cómo se me va la olla!), pero lo borré todo...
Me alegro mucho de saber de tí. Entiendo lo que dices; en cuanto ves algo escrito, pierde el encanto onírico que tiene en nuestras mentes (me acaba de pasar, je, je), pero me gusta que aún así, no hayas dejado de escribir. Tengo que ponerme al día con Fellini.
Bico, Pato xx