martes, 15 de abril de 2008


EL ÚTERO, ESE ANIMAL MISTERIOSO

Preparando un traballo sobre os exvotos anatómicos, dei, por casualidade, cunha referencia que xa coñecía para a mediciña hipocrática, pero que ignoraba existise nas tradicións de mediciña popular. Practicamente, o útero tíñase por un órgano similar a unha besta ou animal salvaxe que rabuñaba e trababa á muller cos seus movementos. Nalgunhas rexións alpinas atopáronse exvotos que representan ó útero coa forma dun sapo... e isto sorprendeume porque, aínda que se contan con moitos exemplares de úteros de terracotta nos templos etruscos e romanos, ningún ten a forma de becho algún.
Xa saberedes que o término "histeria" procede etimoloxicamente do grego "hystera", útero, e que se cría producida polos movementos do útero dentro do corpo da muller.
"E nas mulleres o útero, dito así, e a vulva, sendo per estas mesmas razóns animal ávido de ter fillos, cando permanece ermo máis alá da estación, sopórtase con molestias e adolórase. E vagando por todo o corpo e polas vías do espírito, afogando e non deixando respirar, móvese con crudelísima angoxa, producindo todo tipo de enfermidades" (Platón, Timeo XLIV).
No corpus hipocrático, especialmente no libro "Natureza da muller", descríbense as patoloxías e os tratamentos para curar as consecuencias destes movementos uterinos. Un útero que se move cara ó peito oprime os pulmóns e causa dificultades respiratorias. Un útero que descende demasiado remata por producir calambres nas pernas.
En fin, que un útero insatisfeito tolea e fai que as mulleres, no peor sentido, perdan a razón. Un sambenito histórico que continúa a ser aplicado hoxe en día: só as mulleres padecen de histerismo.
¿Opinións?

2 comentarios:

Pato dijo...

Uno de los mejores cortes de manga a esa teoría machista lo encontré en este relato corto del escritor Michael Thomas Ford: "Night of the Werepuss", incuido en el tomo de homoerótica-gótica "Queer Fear II". En él, la protagonista descubre que su útero está dentado y que tiene hambre... Se convierte en una especie de mascota para ella, lo cuida y alimenta (lo cual no significa follar, sino introducir el pene dentro de la vagina para el útero se lo coma, ja, ja, ja, ja, pobres ingenuos!!). Y bien, una muestra de machismo más. Ay, qué mundo...

Qcousas dijo...

A verdade, eu non tiña coñecemento de todos estes datos que nos das, e quedo perplexa.
A psicoloxía, como tantas outras ciencias, foi desenvolvida - na época dos nosos avós/as ou tataravós/as - principalmente por homes; e unha visión masculina e masculinizada é o único que podemos obter deste feito...o medo e a crítica ao descoñecido e ao alleo, ao inexplicábel aos ollos dos homes, ao diferente.
Cando estudaba, as referencias a este tipo de concepcións nas clases de Psicoloxía son innumerábeis, pero non só no tocante ás mulleres, senón tamén aos homosexuais, ás lesbianas, a todo canto ten que ver coa sexualidade... Meu Deus! Canto dano nos tes feito...