miércoles, 16 de enero de 2008

Parole parole parole...

Eu traballo coas palabras, estúdioas, tradúzoas, ás veces tócame destripalas, buscarlle os significados ocultos. Pero a miúdo me esquezo de que as palabras están relacionadas con cousas concretas, tanxibles, reais, que se poden sopesar nas mans, ou recoñecer a primeira vista.

Porque hoxe as palabras están por todas partes, impresas nos folletos de publicidade e nos xornais gratuitos que dan á entrada do metro ou na parada de bus...
pronunciadas ou directamente cuspidas nos programas de televisión, onde son usadas as máis das veces como armas dun inxeño mediocre...
aparecen neste momento na pantalla do meu ordeador...
e son usadas para facerme crer que este ou aquel producto é todo o que necesito na vida.

Pero, ademais, as palabras chegan a sustituir totalmente ós actos. Cantas veces as promesas cumpriron a función da acción "vera e propria". "Prométoche que isto non se repetirá", por exemplo... tod@s temos os nosos exemplos persoais que discorren nun río interminable e confuso entre as palabras ditas e as palabras escoitadas.

Houbo un tempo na que a palabra tiña unha gran poder, actuaba como garantía da propia persoa, podía atraer desgracias sobre a propia cabeza ou sobre a daqueles ós que se lle desexaba un mal, era amada e temida, cultivada e apresada en libros de inmensa forza. Pero agora, ¿que nos queda da palabra?

Pois xustamente iso, palabras, palabras, palabras...

Mina e Alberto Lupo, aquí: http://it.youtube.com/watch?v=Ez3733enZ0Q

3 comentarios:

Qcousas dijo...

Eu sigo crendo no poder das palabras dunha maneira incluso relixiosa, pero certo é, non creo nas persoas que fan un mal uso delas, e hai tantas... eu intento non malgastalas desde hai xa tempo. Falar por falar, para que?, se despois o tempo pon as cousas no seu lugar.

E si, quizáis é o único no que creo... porque son unha atea desta vida e as palabras que pensamos son o reflexo do que somos, sen dúbida.

Pato dijo...

Misteriosa tú. Cuántos secretos tienes... Así me gusta.
Y,consejo de translator-to-be: Busca siempre las palabras adecuadas

Batcaver dijo...

Pato... Qcousas... que ilusión atoparvos aquí, no meu xardín que deixei abandoado por tanto tempo...
E que curioso que sexan as palabras, as benditas malditas palabras, as que nos permitan achegarnos un pouquiño máis.
"Misterio" e "segredo" son dúas fermosas verbas (gracias, Pato!): quédome con elas, como estandartes que me representan (e gracias a ti, Qcousas!).
Unha vez máis, o poder da palabra fai que me sinta máis preto de vós.