jueves, 31 de enero de 2008

“Nuestras vidas son los ríos...”

“que van a dar en la mar”, seguirían os versos de Jorge Manrique.

Sen embargo, este río do que falo aquí é ben distinto. O Aniene, que hai centurias marcaba o límite entre do territorio dos dos sabinos, pásame diante dos ollos cada día. A través da miña fiestra véxoo correr negro e revolto, afundido no seu propio cauce máis ben escaso, non se sabe ben cara a onde.


Seguindo a silueta dos seus meandros ó longo da pista ciclista que o bordea, descúbrese unha daquelas paisaxes chamadas urbanas, propias da periferia (esa periferia situada no límite dos mapas para turistas), con cans vagabundos, lixo, grafittis abigarrados que se superpoñen entre sí, as vías do tren en altura respecto ó camiño que bordea o río.


E coma unha pequena urbanización dun luxo dubidoso, xorden no medio dos canavais barracas con xardín delimitadas por balados de chapa, plástico e vellos somiers enferruxados, incluindo hortas nas que crecen berzas, tomates, pementos. Nalgunhas aínda escintilan os abalorios colorados do Nadal, pendurados das ramas sintéticas da esquecida árbore. Construccións tan preto do río que case semellan Ofelias desesperadas a piques de se botar ó río para afogar.

Destas choupanas hai xente que fixo o seu fogar sobre un leito de auga suxa. E o Aniene, que non se para a observar as vidas que lle están a carón, que viaxan con el, sigue o seu camiño non se sabe cara a onde.

3 comentarios:

Qcousas dijo...

É dura a pobreza e o abandono, os contrastes, a marxinalidade.

Sempre me encantaron eses versos de Jorge Manrique...

Pato dijo...

El Aniene va a dar al mar, como todos los ríos. El misterio no reside en eso, sino en el propio río, que, como dijo Herodoto, nunca es el mismo... ¿Ves? Paradoja. La vida está llena. Nunca el mismo río va a dar al mar, o sea que a la vez es predecible y cambiante.
Quisiera ser río.
Tú, Batcaver, eres una diosa.

Pato dijo...

Por cierto, es muy yo decir "esto lo dijo Herodoto" sin tener ni idea de quién es Herodoto. Como si fue Heráclito. Se me entiende, no?